¿Dónde estas amor? ¿Dónde están mis sueños?

jmchanteiro@terra.es

Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

miércoles, abril 20, 2005

Chove paseniño.

Chove paseniño, coma se o tempo non se quixese ir, e quixese escurecer máis se cabe, istes días de primavera. As nubes tapan o ceo, nun diluvio universal, semellando non haber máis ca nubes o outro lado do horizonte, o outro lado do barranco; onde a terra se acaba, e so queda baleiro.
Agardan as árbores que chegue a súa luz ansiada, ises raios para tosta-las follas, para senti-la súa vida, extinta por moitos meses, esteriorizando a súa alegría polo que se acabou, polo que comeza de novo.
Lapiñada polas rúas, polo alquitrán, polas aceras molladas, polo corazón que un día quixo ser outro e non foi capaz, pola sequía que mollada está e ninguén sabe cando voltará, cando se volverá secar.
Parouse o tempo nun día de chuvia, faltalle gasolina, vontade, amar. Iste parouse eu non. Eu ando a cen por hora, na busca do firmamento, na busca das súas estrelas, na busca da lúa chea.
Un ruido afogou o silencio. Palpitar do corazón, agardando o paso do tempo, agardando a luz do sol, o final dun suspiro, dun respirar sen aire.
Voltei a casa e vinme so, coma o que vai o ceo e é il o único santo. Canto mal desexaría facer, para sentir a calor do inferno!
Frores húmidas nas mazairas, chupitos de beleza sabor doce, de tristura por non ter abellas, de ansiedade por falla de tempo, de agonía por saber que tamén rematan, de olvido por querer olvidar-la mezcla.
Chove paseniño, mentres agardan as árbores, a lapiñada das rúas; que non se pare o tempo, que non se afogue cun ruido o silencio, para non chegar a casa e verme so o lado das húmidas frores das mazairas.

domingo, abril 17, 2005

Rehén das circunstancias.

Son un rehén das circunstancias. Xamais pedín vivir esta vida que me tocou, nin levar esta cruz nas costas, mais semella que cada un ten que levar unha, e a súa propia.
Vida de desenganos amorosos, onde a cruda realidade e que nunca gaño, e sempre teño algo que perder.
Corazón roto de novo, en mil cachos. E doeme, non so il, senón todo.
Non sei se e por ela, ou por elas. Por esas circunstancias que me trouxeron equí. Por non chegar a ningures con ela, con elas, ou por culpa delas.
Doeme. Doeme a ialma. Un nudo no estomago pola mala sorte.
Iste mundo esta mal feito, non pode estar ben. Se deus existe, porque o fixo así, cheo de inxustizas e sen final?. As inxustizas podrían existir, para encher o mundo dos seus valores, pero esta loita ata o infinito, sen chegar a ningures, sen chegar o mesmo infinito sen a xustiza, sen darlle a cada un o que se merece, logrando a felicidade solo por instantes, isto é a inxustiza que engloba tódalas inxustizas.
Sen corazón e sen final, so agardando a morte e o final, o descanso eterno, a felicidade eterna, mais non niste mundo.
Vacia-la ialma, vacia-las penas.
Doeme a ilusión perdida, o tempo perdido, ilusión de intentar querela, de intentar amala, de intentar que me queira, de intentar que me ame.
Doeme a ialma. Doeme esa ilusión de saber que a diario alguén pensa en ti, que alguén te esta agardando, que o chegar a esa cita te agardan, coma outras veces, con ansiedade.
Ilusións que se comparten. Por vivir, por chegar a ser feliz, por soñar, por compartir. Por soñar, por soñar xuntos. Por chegar o infinito xuntos.
Ilusións perdidas, corazón roto. Esas ilusións foronse coa miña vida, e chegan de novo o agarda-la morte, ó instante baleiro.
Teño a súa calor, síntoa todavía. Os pelos de punta pola circunstancia. Quedarse de pedra, de pedra de xeo, con toda esa calor dentro.
Por que me fixeches isto, se eu tiña espranza en ti?
Martillazo nos dentes o que me deu. O que me doe dentro, moi dentro, o que me doe en cada alento.
Por que nos temos que separar, e non sentirnos nunca mais?
Foise a alegría coma auga que se escapa das miñas mans, sen saber como cheguei equí.
Non hai volta atrás. Son un rehén das circunstancias.

jueves, abril 14, 2005

Un ollar a Ribeira

Un ultimo ollar a Ribeira, o seu parque natural, as súas dunas, as súas xentes.
Endexamais vin ceo tan fermoso, nin azul tan rechamador. Miro para esta praia que non semella ter fin , que se perde no horizonte como o mar que a construiu area á area; como ise mar verdoso, que acaba en azul intenso, que nos regala matices de cores.
As olas chegan a esta praia amodiño, como choiva , con pasiva tranquilidade. Tan so o vento que sopra forte nos devolve a iste mundo e nos arranca desa paz. Recordanos que estamos na terra.
A terra quixo ser mar, e so a praia puido chegar.
Ahí preto Corrubedo, desafiando a loucura en noites de temporal. Quixo chegar ó outro lado, quen sabe se algún día o fará?
Van pasando os barquiños deixando a súa estela branca, os cometas do mar.
Lagoas inquedas como veas, como arterias de sal.
Aguiño mira para o sur, cara unha pequena illa. Rochas que desafian o xenio do descoñecido, do coñecido. Van sobrados.
Bateas que sobreviven, que están vivas, que dan vida.
Planicie verde de Aguiño, que escapa dos montes, dos toxos, das queiras, dos pinos, dos eucaliptos.
Adeus praia do paraíso, universo novo, frores virxes.

martes, abril 05, 2005

La guerra

Mientras en otros países luchan con los enemigos de sus injusticias, de su hambre, todos nosotros luchamos nuestra propia guerra. Unas personas en su trabajo. Otras en casa con su familia. El mundo es una guerra constante .
Cada día, en nuestro trabajo, luchamos como si fuese una guerra para ganar un sueldo, e incluso, a veces, también hay bajas. Competimos por ser mejores que los demás en esta guerra, y conquistar nuevos territorios, nuevos pisos, nuevas espadas.
Un día comentábamos Pablo y yo que la guerra mas dura es la del sábado noche. Una guerra sin cuartel, donde no esta claro cual va ser el enemigo y como se va presentar.
Salimos a la defensiva, con miedo a lo desconocido, con miedo a morir en el intento, con miedo a salir perdiendo.
Alcohol, camuflaje de las heridas. Relajante que hace olvidar la propia guerra. Unos y otros, todos a la defensiva, unos y otros, conquistadores y conquistados, conquistados y conquistadores. Nunca se sabrá quien es quien.
Una lucha intelectual, lucha del atractivo, del masculino, del femenino.
¿Por qué estáis a la defensiva si vamos en son de paz?
-Tengo una tabla que mide un metro y por esa tabla las mido todas.