Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

jueves, abril 14, 2005

Un ollar a Ribeira

Un ultimo ollar a Ribeira, o seu parque natural, as súas dunas, as súas xentes.
Endexamais vin ceo tan fermoso, nin azul tan rechamador. Miro para esta praia que non semella ter fin , que se perde no horizonte como o mar que a construiu area á area; como ise mar verdoso, que acaba en azul intenso, que nos regala matices de cores.
As olas chegan a esta praia amodiño, como choiva , con pasiva tranquilidade. Tan so o vento que sopra forte nos devolve a iste mundo e nos arranca desa paz. Recordanos que estamos na terra.
A terra quixo ser mar, e so a praia puido chegar.
Ahí preto Corrubedo, desafiando a loucura en noites de temporal. Quixo chegar ó outro lado, quen sabe se algún día o fará?
Van pasando os barquiños deixando a súa estela branca, os cometas do mar.
Lagoas inquedas como veas, como arterias de sal.
Aguiño mira para o sur, cara unha pequena illa. Rochas que desafian o xenio do descoñecido, do coñecido. Van sobrados.
Bateas que sobreviven, que están vivas, que dan vida.
Planicie verde de Aguiño, que escapa dos montes, dos toxos, das queiras, dos pinos, dos eucaliptos.
Adeus praia do paraíso, universo novo, frores virxes.