Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

domingo, abril 17, 2005

Rehén das circunstancias.

Son un rehén das circunstancias. Xamais pedín vivir esta vida que me tocou, nin levar esta cruz nas costas, mais semella que cada un ten que levar unha, e a súa propia.
Vida de desenganos amorosos, onde a cruda realidade e que nunca gaño, e sempre teño algo que perder.
Corazón roto de novo, en mil cachos. E doeme, non so il, senón todo.
Non sei se e por ela, ou por elas. Por esas circunstancias que me trouxeron equí. Por non chegar a ningures con ela, con elas, ou por culpa delas.
Doeme. Doeme a ialma. Un nudo no estomago pola mala sorte.
Iste mundo esta mal feito, non pode estar ben. Se deus existe, porque o fixo así, cheo de inxustizas e sen final?. As inxustizas podrían existir, para encher o mundo dos seus valores, pero esta loita ata o infinito, sen chegar a ningures, sen chegar o mesmo infinito sen a xustiza, sen darlle a cada un o que se merece, logrando a felicidade solo por instantes, isto é a inxustiza que engloba tódalas inxustizas.
Sen corazón e sen final, so agardando a morte e o final, o descanso eterno, a felicidade eterna, mais non niste mundo.
Vacia-la ialma, vacia-las penas.
Doeme a ilusión perdida, o tempo perdido, ilusión de intentar querela, de intentar amala, de intentar que me queira, de intentar que me ame.
Doeme a ialma. Doeme esa ilusión de saber que a diario alguén pensa en ti, que alguén te esta agardando, que o chegar a esa cita te agardan, coma outras veces, con ansiedade.
Ilusións que se comparten. Por vivir, por chegar a ser feliz, por soñar, por compartir. Por soñar, por soñar xuntos. Por chegar o infinito xuntos.
Ilusións perdidas, corazón roto. Esas ilusións foronse coa miña vida, e chegan de novo o agarda-la morte, ó instante baleiro.
Teño a súa calor, síntoa todavía. Os pelos de punta pola circunstancia. Quedarse de pedra, de pedra de xeo, con toda esa calor dentro.
Por que me fixeches isto, se eu tiña espranza en ti?
Martillazo nos dentes o que me deu. O que me doe dentro, moi dentro, o que me doe en cada alento.
Por que nos temos que separar, e non sentirnos nunca mais?
Foise a alegría coma auga que se escapa das miñas mans, sen saber como cheguei equí.
Non hai volta atrás. Son un rehén das circunstancias.