¿Dónde estas amor? ¿Dónde están mis sueños?

jmchanteiro@terra.es

Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

sábado, enero 28, 2006

A brancura do ceo

Cubrense os campos de neve, chega a brancura do ceo, locen as noivas de branco, amor o da neve ao inverno.
Neva miudiño, querendo calma-lo ambiente, xa están os páxaros cantando, xa estan os carballos cubertos.
Esbarei camiño do paraiso, soñaba coa sua calor, sentía cada vez máis preto. Onde fuches miña vida? Onde fuches meu tormento?
Días como os de hoxe fanme meditar sobre o que perdemos alguhes polas prisas cando deixamos de observar a beleza do momento

Neve

Todolos tempos,
grandes e beneficiosos son,
menos a neve que e grande prisión.
(Dito popular da Armea)

domingo, enero 01, 2006

Despertar

Despertei nas gañas de vela.
Xa non son nada pensei!
xa non son nada sen tela.
Quería dete-lo tempo,
soñar que eu xa son ela.

Miroume na alborada,
e tan so pensaba en bica-la,
sentir a súa calor cada día
sorría a vida no adeus a nada.

Camiñaba despaciño
rumbo a miña estrela
ata volverme yonqui,
yonqui de amor por ela.

Non podo vivir sen ti!
miña ruliña pequena
pois antes xa non vivía
na busca da túa estrela.