¿Dónde estas amor? ¿Dónde están mis sueños?

jmchanteiro@terra.es

Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

miércoles, julio 27, 2005

Un día quixen morrer.

Un día quixen morrer.
Vinme so, rodeado de pantasmas,
chorando na escuridade,
non querendo ser un deles.

Un día quixen morrer.
Foise o amor, ¿para que vivir?
Lucía o sol dun grato recordo.
Revindicabase a si mesmo.

Un día quixen morrer.
Quentabase a ialma,
cada día mais podre
e cheiraba xa a podrido.

Un día quixen morrer.
Notaba a faltar o universo.
Xa non había as súas estrelas,
¿onde ? a luz da lúa chea.

Un día quixen morrer.
Ou pensaba que estaba vivo,
que tiña sangue nas veas,
e quedaba un último alento.


Un día quixen morrer…

viernes, julio 15, 2005

Adeus!

Adeus! Gritou un cego
dende a balconada
da casa dos xordos.
Sufre na vida por non poder ver cores.
Ve demasiados amores que dormen.

Fror de toxo que es fermosa,
de cor supersticiosa,
de amigos que pinchan,
que se cravan na alborada,
e dormen debaixo da ponte da estrada.

Dormese o día:
nesta noite de tristura
de amores sedentos de sangue
que chupan as veas,
que morden os beizos sabor augardente.

Dormese o día:
a celebracion dunha festa,
da puta festa da agonía.
Da mentira do retrato de falsa pintura.

Dormese o día:
cando a calor se vai,
cando ela xa non esta tocando na frauta
e camiño trala súa música feiticeira
cara o abismo da noite.