Adeus!
Adeus! Gritou un cego
dende a balconada
da casa dos xordos.
Sufre na vida por non poder ver cores.
Ve demasiados amores que dormen.
Fror de toxo que es fermosa,
de cor supersticiosa,
de amigos que pinchan,
que se cravan na alborada,
e dormen debaixo da ponte da estrada.
Dormese o día:
nesta noite de tristura
de amores sedentos de sangue
que chupan as veas,
que morden os beizos sabor augardente.
Dormese o día:
a celebracion dunha festa,
da puta festa da agonía.
Da mentira do retrato de falsa pintura.
Dormese o día:
cando a calor se vai,
cando ela xa non esta tocando na frauta
e camiño trala súa música feiticeira
cara o abismo da noite.
dende a balconada
da casa dos xordos.
Sufre na vida por non poder ver cores.
Ve demasiados amores que dormen.
Fror de toxo que es fermosa,
de cor supersticiosa,
de amigos que pinchan,
que se cravan na alborada,
e dormen debaixo da ponte da estrada.
Dormese o día:
nesta noite de tristura
de amores sedentos de sangue
que chupan as veas,
que morden os beizos sabor augardente.
Dormese o día:
a celebracion dunha festa,
da puta festa da agonía.
Da mentira do retrato de falsa pintura.
Dormese o día:
cando a calor se vai,
cando ela xa non esta tocando na frauta
e camiño trala súa música feiticeira
cara o abismo da noite.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home