Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

martes, mayo 17, 2005

A túa brisa

A noite chegou
e o sono non existe.
Pecho os ollos, e vexo os teus
mirando os meus;
sentindo unha aperta, unha caricia,
e un bico moi longo.

Que longa é a noite!
Que escuras tenebras!
Penso na túa brisa
que chega o meu mundo
coma unha centeia;
ramiño de violetas,
para facer voa-las penas.