Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

martes, mayo 03, 2005

Alumando os recordos

Hai veces, en que as palabras non valen nada, tan so os xestos, e o tempo en que se fan ises xestos, o tempo que valen os mesmos xestos. E cando non existen nin os xestos? .

Mírame aquela estrela, mírame fixamente, non me deixa de alumar. Camiñiño para a casa, alí estaba no alto ceo tratándome de alumar, afogándome con recordos dos bicos que non se dan.
Como alumeas estreliña, como alumeas sen cesar!. Alumea a miña vida, e deixame olvidar, que voa falta me fará, esas caricias, caricias que non se dan.
Moreniña, pelo longo, marróns os ollos, marróns estrelas, alumeanme de novo. Se a fermosura existe, ten que ser unha gran deusa estrelada. Deusa estrelada que tan so podo contemplar, que nin un abrazo me da.
Estreliña que brilas alto, que non paras de brilar, que brilas sobre os demais, que non pares de alumar. Alumea esta vida por última vez antes do eclipse, antes do olvido, alumea o seu penar.