O carballo
Estaba preto da casa, subindo polo camiño da igrexa, no cruce de camiños. Era impresionante. Alto como non se coñecía ningún outro na zoa, e tan groso que podía coller un carro no seu interior.
Quen sabe quen o prantaría. Meu pai dicía que foran os mouros, máis ninguén o sabía fixo.Quixais nacese il so, dunha semente traida de moi lonxe por unha pega, intentando alimenta-lo niño. O caso e que tiña máis de mil anos. Se o carballo falara, ainda que fose moi baixiño, achegaría a miña orella a escoitar historias de tempos pasados, de guerras, de amores e desenganos.
Subirme a il presentou en tempos de neno un reto que pronto conseguín e, con axilidade, andaba polos seus grandes brazos coma polo solo.
A tranquilidade chegaba tumbado baixo a súa sombra. Olvidabame de todo-los problemas e relaxabame. En aquelas tardes en que non había nada que facer, o meu refuxo era a sua altura, e o meu descanso a súa sombra. O ioga galego.
-Andas os páxaros, ou os niños rapaz?. Me dicía o señor Paco cando pasaba por alí.
Aquela época foi a máis leda da miña vida.
Unha tarde tirado na herba, mirando cara o seu cumio, contemplei a beleza que nos pode mostra-la natureza. As canas vianse grosas, de unha cor marrón escura, adornadas por un verde intenso, verde brilante polo lavado da choiva matinal e do orballo. O fondo transformouse, pouco a pouco, de gris a azul irreal, pero verdadeiro pola súa intensidade. O sol reflexabase nas follas coma un espello, e o carballo mudou en diamante sobre fondo azul. Sempre o recordarei.
Hoxe xa non está. Voltei a estas terras e xa non estaba. Nin os lumes, nin os anos, nin aquelas guerras, onde deu refuxo os escapados, acabaran con il; máis chegou o seu fin. Pasou a carretera e estorbaba, estorbaba ó progreso, e iste non se acordou do que fixo o carballo por il. Do carballo na historia. Das fornicacións no seu oco que deron vida a moita xente e das balas esquivadas que deron unha segunda oportunidade.
Adeus carballiño, adeus diamante, xa so ardes.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home