Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

martes, enero 11, 2005

Orgullo

Istes catro días trouxeron para min novos amigos, reforzamento de amizades pasadas, e a alegría do grupo.
¡Que fermosas son as mulleres cando se enfadan!, cando choran o mundo as inxustizas do home, que non é mais ca escravo delas mesmas. Choran con il, choran por il, as súas derrotas e as súas victorias. Homes que tarde ou cedo desexaron sufrimento..
Vinme nos seus brazos, nos da vela doncela, de pelo negro e ondulado, de traxe de gala e lentexuelas negras nos seus ollos. Vina chover, como chove cando o ceo se cabrea, e a chuvia tamen e granizo. Caeume lenta e rápida a vez, con fame de saber mais, con fame de soñar un pouquiño mais, un pouco mais xuntos.
Maldito sexa o orgullo, e vendito sexa. ¡Hai se non existiras!. Gracias por existir. Por il pensarei sempre nos seus ollos negros, por il xa non a teño.
Chorote meu amor, como chora a muller maltratada mentres se vai da casa, mentras recorda o marido na cama doutra.
Bendito sexa o orgullo que nos volve menos animais, e maldito sexa, que polo seu exceso xa non a teño.