Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

domingo, diciembre 19, 2004

Chegou lonxe a noite.

Chegou lonxe a noite, escurecíase por pasos, por cervexas, pola tolemia da xente nova.
Chegou lexos a noite, o seu romanticismo, as súas risas de espranza, o seu falar que todavía fala, a sua beleza, a sua elegancia.
Chegaron amigos a borquillón. Falan todavía desa nostalxia, da volta a sua casa, das mans unidas para sempre e sen tocarse, do que foi, do que non foi, e do que segue sendo no recordo.
Chegaron miradas, ollares profundos ollares perfectos, miradas que cravan, que chegan tan dentro que o dicen todo sen palabras.
Chegaron palabras, o ruxido do vento que traspasa, que mete medo, que engancha.
Chegou lonxe a noite como chegan as estrelas fugaces, como chega a amizade das almas, como chegan aquelas miradas.