Pensamentos da escuridade.
A negra noite avanza polo camiño nestas terras, como lobishome en fuxida, alonxándose da bala de prata. Xa de día saira a lúa e, agora, no mais alto do ceo, alumea as tripas da terra, como querendo olvidarse de que o sol existe, sabendo que a neve lle axudará o seu proposito. Alumea os recunchos inexistentes de día, que fan un novo mundo de xoguetes imaxinarios. Ceo de neve polo que se pode andar. Lambetadas colgadas das goteiras, tentadoras, esperando lingoa que as saboree.
Longa noite de nadal, a ratos de soños, a ratos de maxia. Lume na lareira, Papa Noel queimado no tellado e camelos de Reis Magos que botan gasolina no xardín.
Sombras de xigantes que silban, que son a cada momento que pasa, de despiste, mais grandes.
Ouvido do lobo que fai treme-las pernas ante o descoñecido.
Mentras tanto, ti amor da nostalxia, tamén fuxes como a neve nas miñas mans, deixando a súa frialdade. Quen te viu, e quen te ve, agarrando os cornos polo toro sabendo que ista miseria que deixas non chegaría a ningures sin o amor da beleza.