¿Dónde estas amor? ¿Dónde están mis sueños?

jmchanteiro@terra.es

Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

domingo, noviembre 13, 2005

Xustiza

Onde están as risas de outros tempos, onde…
Os días avanzan sen retroceso e non chegan mais ca escuras sombras a iste doce mundo. Non existo nunca o fixen, tan so soño. Desaparecen, ¿desaparezo?
Marchan a outros mundos inexistentes, imaxinables e por iso reais. Quizais maña vexa a luz doutro sol, doutra brisa, onde a materia so se descompoña e so queden ideas voando no aire dos tempos.
Soño con soñar co mundo, e non nun so, para non consumirme na tristeza da soedade unitaria.
¿Para que quero unha honra pos mortis se o irme do mundo se acaba o mundo, e quizáis iste so sexa producto da miña imaxinación?
-Por fin deixamo-la vida - Pensan todos o morrer. Descansa a materia en estado por fin estable.
Descansa tamén o amor, faise xustiza. Para os ricos, para os pobres… para os pobres…