¿Dónde estas amor? ¿Dónde están mis sueños?

jmchanteiro@terra.es

Nombre:
Lugar: Lugo, Lugo, Spain

lunes, septiembre 26, 2005

Anoitece

Anoitece paseniñamente
mentras voan as volvoretas
e saen pouco a pouco as estrelas.

Luces de coches
pasan lonxanos,
como avións, pola montaña.

As árbores son pantasmas
que ameazan a vida
na posta de sol.

¿Por qué se ríe a lúa
cando sae coa luz do día?
¿Ruborizase de amor,
a tal caso,
cando ve todavía o sol?

domingo, septiembre 11, 2005

Vaise o verán

Vaise o verán,
comeza a chuviñar,
xa chove paseniño,
humedecendo o po do alento.

Vaise o verán,
o cuco xa non contesta,
as golondrinas queren partir,
a outros lares, a outros mundos…

Vaise o verán,
caen follas de amor,
aloumiños o lado do río,
bicos o lado do mar.

Vaise o verán.
Morreron as uvas,
morreu o trigo.
Colleita de amor.
Chegou o pan e o viño.

Vaise o verán,
cando anoitece,
e di adeus a calor,
o olor a herba verde,
o olor a herba seca.

Vaise o verán,
o seco po dos camiños,
os camiños camiñantes,
a pureza do azul do ceo,
a pureza do azul do mar.

Vaise o verán,
vaise a alegría,
vaise a luz do sol,
vaise a medranza da vida,
chega a longa nostalxia.

Vaise o verán.
Mentras chove e non parará,
mentras grito: non te vaias!
mentras persiste iste olor
a fría humidade,
a valeiro cheo, de falta de sol.